Os Amigos proclámase campión do II Maratón de Fútbol Sala de Pastoriza

O Pavillón Municipal de Pastoriza acolleu durante a pasada fin de semana a segunda edición do Maratón de Fútbol Sala, unha competición que reuniu a numerosos equipos e afeccionados nun ambiente marcado polo deporte e a convivencia.
O equipo Os Amigos proclamouse vencedor do torneo tras unha destacada actuación ao longo da competición. O segundo posto foi para Sanbet Agencia, mentres que Dorados FC rematou na terceira posición. O cuarto lugar da clasificación foi para Pastelería A Confianza.
Ademais dos premios colectivos, a organización recoñeceu tamén o rendemento individual dos participantes. Xabi, do conxunto campión Os Amigos, foi elixido mellor xogador do torneo, mentres que César, tamén integrante do equipo vencedor, recibiu o galardón ao mellor porteiro. O premio ao máximo goleador foi para Miguel Miragaya.
Na categoría destinada aos equipos da localidade, o recoñecemento ao mellor equipo local recaeu en Excavaciones Goás.
Desde o Concello de Pastoriza agradeceron a implicación da UD Pastoricense na organización do evento, así como a participación dos equipos, da veciñanza e de todas as persoas que se achegaron ao pavillón municipal ao longo das xornadas de competición, contribuíndo ao éxito dunha cita deportiva que continúa consolidándose no calendario local.