Os ascensores da nova pasarela de Adif en Rábade xa están en funcionamento

LugoXa | TerraChaXa
O Concello pide á cidadanía que extreme a precaución ao transitar pola zona, xa que aínda permanecen vallas de obra e parte do cerramento está sen rematar
apertura-nova-pasarela-rabade
8 Oct 2026

Os ascensores da nova pasarela de Rábade, que comunica o Campo da Feira coa Praza de España, xa están en funcionamento, segundo informou o Concello aos veciños e veciñas.

Porén, o Goberno local sinala que non recibiu comunicación oficial sobre a posta en servizo dos ascensores e lembra que a obra aínda non foi entregada ao Concello. Polo momento, a titularidade da infraestrutura continúa en mans de Adif, responsable dos traballos de construción da nova pasarela e da demolición da antiga.

O Concello pide á cidadanía que extreme a precaución ao transitar pola zona, xa que aínda permanecen vallas de obra e parte do cerramento está sen rematar. Esta situación fai que a zona continúe sendo accesible e poida representar un risco para as persoas que se acheguen ao espazo en obras.

O Goberno local agarda que Adif remate canto antes os traballos de acondicionamento pendentes para poder recibir oficialmente a nova infraestrutura, considerada fundamental para garantir a comunicación entre ambas as zonas da localidade e facilitar o cruzamento da vía do tren.

0.16524910926819