Os Cabaleiros da Chaira organizan a súa primeira ruta cabalar o 4 de xullo en Vilalba

A asociación Cabaleiros da Chaira celebrará o 4 de xullo a súa primeira ruta cabalar, unha cita que reunirá afeccionados ao mundo ecuestre nun percorrido pola contorna de Vilalba. A xornada arrancará ás 9.30 horas coa recepción dos participantes e un almorzo gratuíto.
A saída está prevista para as 10.00 horas desde o campo da festa de Román, en Vilalba. Durante o percorrido, os asistentes poderán gozar de pinchos gratuítos a metade da ruta.
A programación continuará cunha sesión vermú e tardeo amenizada por DJ Zalo. Tamén haberá xantar, que terá lugar no campo da festa de Román. O menú terá un prezo de 35 euros e incluirá xamón cocido, polbo, carrilleiras en salsa, sobremesa, café e licores.
A organización informa de que os nenos menores de seis anos poderán participar de balde, mentres que os de entre seis e once anos abonarán 15 euros. Ademais, aclárase que non é imprescindible acudir a cabalo para asistir ao xantar, aínda que será necesario realizar reserva previa.
As inscricións permanecerán abertas ata o día 1 de xullo. As persoas interesadas poderán formalizar a súa participación contactando cos responsables da organización, Antonio (630 541 384) e Ismael (619 160 727).