Os CEIP O Salvador e Bretoña anuncian as súas xornadas de portas abertas para o curso 2026/2027

TerraChaXa
Desde ambos centros animan ás familias a achegarse e descubrir as súas propostas educativas nun momento clave do proceso de escolarización
ceip-a-pastoriza-o-salvador
1 Mar 2026

Os centros educativos O Salvador e Bretoña, de Pastoriza, deron a coñecer as datas das súas xornadas de portas abertas co obxectivo de achegar ás familias a súa oferta educativa de cara ao curso 2026/2027.

No caso do CEIP O Salvador, a xornada celebrarase o martes 3 de marzo ás 16:00 horas. O centro convida ás familias a coñecer de primeira man as súas instalacións, o proxecto educativo e o traballo diario que se desenvolve nas aulas. As persoas interesadas poden confirmar a súa asistencia ou solicitar máis información a través do teléfono 982 87 00 25.

Pola súa banda, o CEIP Bretoña abre tamén as súas portas para que as familias poidan visitar o centro e coñecer o seu funcionamento en horario de 09:45 a 15:10 horas, de luns a venres. Baixo o lema Aprender xuntos, medrar xuntos, o colexio destaca servizos como transporte e comedor, atención personalizada, educación en valores e un contorno natural e seguro. Ademais, impulsa diferentes plans e proxectos, entre eles iniciativas de inclusión educativa e programas como Proxecta, Móvete, Xogade e Milla Diaria.

Desde ambos centros animan ás familias a achegarse e descubrir as súas propostas educativas nun momento clave do proceso de escolarización, poñendo en valor a importancia dunha educación próxima, personalizada e adaptada ás necesidades do alumnado.

0.12928485870361