Os concellos da Terra Chá reciben os cartos do Plan Único
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, o deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, o vicepresidente xunto a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, informou este mércores sobre as novas actuacións que o Goberno Provincial leva aos 37 Concellos das Comarcas de Lugo, Montaña, Terra Chá e Sarria. Fíxoo nun acto público no Pazo de San Marcos, aberto ao público en xeral e ao que foron convidados os alcaldes destes municipios.
Santos Ramos avanzou que “achegamos aos 202.000 veciños que viven na zona Centro da nosa provincia, nos 37 Concellos das Comarcas Lugo, A Montaña, Terra Chá e Sarria, outros 11,4 millóns de euros co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida. Pois estes fondos, que proveñen do Plan Único 2018, son para a execución de máis de 187 obras de mellora, por valor de 8 millóns de euros, de servizos públicos municipais como estradas, accesos rurais, saneamentos, traídas de auga, instalacións deportivas ou culturais, centros sociais... Destinamos outros 855.000 euros á atención de maiores a través do financiamento de 89.000 horas de Servizo a Domicilio para persoas non dependentes. Xeramos 102 novos postos de empregos nos Concellos, financiando todos os custos laborais destes futuros traballadores con máis con 1,8 millóns. E dinamizamos social e economicamente a vida nos municipios do Centro con preto de 440.000 euros, que nos permitirán desenvolver 41 iniciativas turísticas, 60 culturais e outras 39 deportivas”.
“Este Goberno Provincial traballa por unha Deputación coas persoas, sumamente social e rural. Por este motivo, as nosas programacións buscan atender por igual ás necesidades de todos os lucenses, independentemente de onde vivan, levándoas ás distintas localidades dos 67 Concellos e respondendo ás necesidades dos seus veciños. Hoxe somos a administración da provincia que máis inviste en obra pública, en políticas activas de xeración directa de emprego, na atención profesional aos nosos maiores ou no impulso do turismo, do deporte ou da cultura”, destacou Santos
“Lugo sobrevive grazas á Deputación, pero isto non é suficiente”
“A Deputación converteuse no motor económico e social da nosa provincia. Lugo sobrevive coa axuda da Deputación, pero isto non é suficiente. Por xustiza, os fondos públicos das principais administracións no país e as de maiores recursos, que son infinitamente superiores aos Deputación con 89 millóns fronte aos 10.000 millóns da Xunta de Galicia e aos 328.000 millóns do Goberno Central, teñen que chegar á provincia e dar resposta ás necesidades dos lucenses. Pero vemos que isto non ocorre, que Xunta e Goberno Central claramente discriminan a nosa provincia e aos seus veciños”.
Neste senso, reclamou, entre outras cuestións, “comunicacións dignas como o resto dos cidadáns, que se melloren integramente que se melloren a A-6, a N-VI, a N-540, e que se executen e rematen a A-54, a A-56, o desdobramento do do Corredor de Sarria, ou a Rolda Leste. Así como que se dote á provincia de servizos ferroviarios de calidade e do século XXI, facendo que o AVE chegue a Lugo, pois somos a única provincia galega á que non teñen previsto dotar de Alta Velocidade. A día de hoxe, os executivos estatal e galego convidan aos lucenses a ir coller o AVE a Ourense, no mellor dos casos, a partires do 2021, se algún día chegan a cumprir os prazos que anuncian... Non pararemos de reclamar unha sanidade pública de calidade para que poidamos ser atendidos, cos medios humanos e técnicos necesarios, nos nosos centros de saúde ou no HULA, con hemodinámica as 24 horas, por exemplo.. Seguiremos reivindicando políticas de emprego e novas oportunidades económicas para a zona Sur da provincia, onde viven o 80% dos lucenses que, por suposto, merecen ser atendidos con seus fondos públicos na Xunta de Galicia e no Goberno Central. Porque todos pagamos os nosos impostos”.
Comarca de Lugo
Co Plan Único 2018, o Goberno da Deputación achega aos máis de 118.000 veciños dos 8 Concellos que forman parte da Comarca de Lugo (Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade) uns 2,6 millóns de euros:
- Preto de 2 millóns en investimentos para a execución de 31 obras de mellora de servizos públicos municipais; 166.600 euros para atención profesional a maiores, financiando 17.000 horas de Servizo a Domicilio para persoas non dependentes; 364.000 euros para a xeración de 24 novos empregos nos propios municipios co dobre obxectivo de reforzas as prestacións públicas nas entidades locais; 21.000 euros para o impulso do turismo co desenvolvemento de 3 citas; 30.000 euros para 6 actividades culturais; 46.000 euros para 9 eventos deportivos; e 11.000 euros para que os veciños poidan realizar máis trámites cos Concellos por internet a través a e-administración.
Comarca da Terra Chá
Co Plan Único 2018, o Goberno da Deputación achega aos 45.000 veciños dos 11 Concellos que forman parte da Comarca da Terra Cha (Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Meira, Muras, A Pastoriza, Pol, Vilalba e Xermade) 3,6 millón de euros.
- Son preto de 2,6 euros para 47 obras de mellora de servizos públicos municipais; 306.000 euros para atender a maiores, financiando 32.000 horas de Servizo a Domicilio a persoas non dependentes; 491.000 euros para a xeración de 39 novos empregos nos propios municipios co dobre obxectivo de reforzar as prestacións públicas nas entidades locais; máis de 44.500 euros para o desenvolvemento de 11 citas turísticas; 38.000 euros para 13 actividades culturais; 42.000 para 13 iniciativas deportivas e 15.000 para facilitar trámites cos Concellos a través da e-administración.
Comarca da Montaña
Co Plan Único 2018, o Goberno da Deputación achega aos máis de 17.000 veciños dos 11 Concellos que forman parte da Comarca (Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Ribeira de Piquín) preto de 3,1 millóns:
- Case 2 millóns euros para 61 obras de mellora de servizos públicos; 270.000 euros para atender a maiores, financiando 28.000 horas de Servizo a Domicilio a persoas non dependentes; 642.000 euros para a xeración de 17 novos empregos nos propios municipios co dobre obxectivo de reforzar as prestacións públicas nas entidades locais; 39.000 euros para 13 iniciativas turísticas; 49.300 euros para 23 actividades culturais; 9.000 para 6 eventos deportivos, 21.000 para mellorar a e-administración e 3.000 para financiar grupos de protección civil.
Comarca de Sarria
Co Plan Único 2018, o Goberno da Deputación achega aos máis de 23.000 veciños dos 7 Concellos que forman parte da Comarca de Sarria (O Incio, Lancará, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela) máis de 2 millóns:
- 1,4 millóns euros para 48 obras de mellora de servizos públicos; 115.000 euros para atender a maiores, financiando 12.000 horas de Servizo a Domicilio a persoas non dependentes; 340.000 euros para a xeración de 22 novos empregos nos propios municipios co dobre obxectivo de reforzar as prestacións públicas nas entidades locais; 36.000 euros para 14 iniciativas turísticas; 51.200 euros para 18 actividades culturais; e 32.300 para 11 eventos deportivos.
Fondos por Concellos
O Goberno da Deputación distribuíu os 21 millóns de euros do Plan Único 2018 entres os 67 Concellos da provincia atendendo as seguintes criterios obxectivos: poboación, superficie, entidades poboacionais, taxa de paro e índice de envellecemento. En base a isto, aos municipios das Comarcas de Lugo, Montaña, Terra Chá e Sarria:
- Comarca de Lugo, máis de 2,6 millóns: Castroverde: 296.502 euros, O Corgo: 329.866 euros; Friol: 399.553 euros; Guntín: 308.559 euros; Lugo: 500.000 euros; Outeiro de Rei: 342.718 euros; Portomarín: 258.624 euros e Rábade: 193.509 euros.
- Comarca da Terra Chá: máis de 3,6 millón: Abadín: 330.623 euros, Begonte: 291.470 euros, Castro de Rei: 379.558 euros; Cospeito: 355.095 euros; Guitiriz: 429.153 euros, Meira: 218.978 euros; Muras: 283.618 euros; A Pastoriza: 319.195 euros; Pol: 262.135 euros; Vilalba: 500.000 euros e Xermade: 300.518 euros.
- Comarca da Montaña, 3,1 millóns: Baleira: 270.838 euros, Baralla: 270.838 euros, Becerreá: 297.663 euros, Cervantes: 310.287 euros, Folgoso do Courel: 271.259 euros, A Fonsagrada: 430.032 euros, Navia de Suarna: 297.946 euros, Negueira de Muñiz: 191.637 euros, As Nogais: 236.018 euros, Pedrafita do Cebreiro: 254.477 euros e Ribeira de Piquín: 226.583 euros.
- Comarca de Sarria, máis de 2 millóns: O Incio: 285.501 euros, Lancará: 291.860 euros, Paradela: 278.577 euros, O Páramo: 241.554 euros, Samos: 269.084 euros, Sarria: 500.000 euros e Triacastela: 200.422 euros.