Contacontos, teatro e a música protagonizan o programa de Nadal na Pastoriza

TerraChaXa
A Pastoriza prepara un programa con contacontos, sesións de teatro, maxia e obradoiros para este Nadal.
nadal_pastoriza
nadal_pastoriza
6 Dec 2023

A Pastoriza prepara un programa con contacontos, sesións de teatro, maxia e obradoiros para este Nadal. As actividades terán lugar entre o sábado 9 de decembro e o venres 5 de decembro.

A programación inaugurase o día 9 co acendido de luces. O xoves 14 Trémola Teatro poñerá en escena 'Elfos en prácticas'. A iniciativa, organizada pola ANPA do CEIP O Salvador, terá lugar no salón de actos do Concello a partir das 12.00 horas.

O sábado 16 será a quenda da representación teatral 'O Feitizo do Nadal' a partir das 16.00 horas. Ademais, tamén se organiza unha visita de Papá Noel, actividades manuais e merenda. O día 18 os máis cativos poderán gozar dunha sesión de contacontos con Anxo Moure, que terá lugar ás 10.15 horas no CEIP de Bretoña e a partir das 12.15 horas no CEIP O Salvador.

O venres organizarase unha saída a Xuvenlugo para os nenos e nenas da Pastoriza. A saída será desde ás 15.30 horas da Praza do Concello ata ás 20.45 horas. A gastronomía protagoniza a xornada do día 26, na que a ANPA de Bretoña organiza obradoiros de sobremesas de Nadal na Casa da Luz de 16.00 a 18.00 horas.

Maxia e cabalgata

A rapazada poderá gozar de 'A verdadeira historia de Hamelín' a partir das 17.00 horas no Teleclube de Bretoña. O sábado 30 ASAPA organiza un pre Fin de Ano con exhibición de zumba, badaladas e uvas a partir das 00.00 horas e festa con Eventec. O programa de xaneiro comeza o día 2 cunha sesión de maxia da man do Mago Charlangas a partir das 16.30 no salón de actos do Concello.

A programación do día 5 comezará ás 16.30 horas co saúdo das súas Maxestades dende o balcón do Concello. A partir das 16.45 horas terá lugar a actuación do grupo de música da Pastoriza na praza do Concello e haberá pasarrúas ata o local social. A partir das 17.00 horas os nenos e nenas do Concello recibirán un agasallo e os asistentes poderán gozar do roscón con chocolate a partir das 17.30 horas. O Peque Disco Moc Moc poñerá o toque musical da xornada a partir das 18.30 horas.

0.19041395187378