Os contaxios diminúen pero a hospitalización crece

TerraChaXa | LugoXa
A provincia de Lugo volveu rexistrar nos datos deste martes unha melloría nos casos activos axudada novamente polas altas pero también por unha moderación dos contaxios novos.
DSC_0238 1
2 Feb 2021

A provincia de Lugo volveu rexistrar nos datos deste martes unha melloría nos casos activos axudada novamente polas altas pero también por unha moderación dos contaxios novos.

De feito, este martes os casos activos sitúanse en 2.135, que son só 5 máis que onte. Na xornada anterior o crecemento foi de 1.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 64 casos novos (onte foron 92) polo que se comeza xa a falar de contención. As altas chegaron ás 8.101, 73 máis que o luns, o día anterior foron 95.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 10.415 casos rexistrados e 172 persoas falecidas.

Pola contra, a presión hospitalaria empeora tanto na UCI como en planta. En Coidados Intensivos hai dúas persoas máis, 22, dúas delas na Mariña, o resto no Hula. Hospitalizados en planta hai 70 persoas (3 máis) 43 no hospital de Lugo, 10 na Mariña  e 16 en Monforte (3 máis). O Polusa segue tendo un enfermo.

POR COMARCAS

Terra Chá

A comarca segue a programación provincial con subidas en Vilalba, As Pontes, Castr e Outeiro, novamente contidas, e estabilidade no resto.

  • Vilalba segue á alza ata os 187 casos, 5 casos máis que onte, volvendo á contención dos últimos días.
  • A Pastoriza, que estaba en retroceso mantén os 12 contaxios.
  • Outeiro de Rei sobe 1 e ponse en 14.
  • Begonte mantense en 18.
  • Rábade volve á zona de menos de 10 contaxios.
  • Castro de Rei sobe 2 ata 15.
  • Friol tamén se mantén en 15.
  • No veciño Concello das Pontes, continúan sumando casos, 4 nesta xornada, que fan un total de 70.

A Mariña

A covid continúa en remisión na comarca con todos os concellos rebaixando a incidencia ou manténdoa.

  • Viveiro continúa o seu descenso paulatino de casos e certifica 123, 11 menos.
  • Xove mantense con 32 no camiño á estabilidade.
  • Burela volve baixar e queda en 43, con 3 casos menos.
  • No Vicedo dan un salto atrás cun enfermo menos e son 31 hoxe.
  • Cervo rebaixa ata 15, dous menos.
  • Ribadeo tamén rebaixa 2 ata 26.
  • Foz resta 2 infectados e certifica 11.
  • Riotorto queda en 11 unha xornada máis.

Centro da provincia

Mentres en Lugo a incidencia modérase no resto de concellos máis afectados optan pola remisión de casos.

  • Lugo conta con 428 casos, 8 máis que onte.
  • Palas de Rei sengue na senda da rebaixa de casos con 4 menos e 68 en total.
  • En Monterroso tamén rebaixa tres ata 15.
  • No Corgo redúcese a 10 a incidencia.
  • Guntín baixa dos 10 casos pero sobe a 11 Castroverde.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

A vila de Sarria mellora a súa situación co segundo descenso consecutivo dende o inicio desta terceira vaga aínda que  situación segue a ser preocupante.

  • Sarria rebaixa casos por segunda vez dende o último gromo, son 6 menos ata 182.
  • Láncara sobe 1 e queda en 19.
  • Paradela mantén 16 casos.
  • O Incio segue en 10 casos novos.
  • Triacastela e O Páramo non teñen contaxios novos nos últimos quince días.

Ribeira Sacra

Tamen chega a remisión ao sur da provincia, onde Monforte rexitra por fin unha baixada de casos aínda que de forma simbólica. Monforte e Quiroga seguen centralizando a incidencia na provincia e en maior ou menor medida sobe en todos os concellos.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 239 casos, 2 menos que onte.
  • Quiroga tamén retrocede tras un gran auxe de contaxios. Hoxe son 116, 3 menos que onte.
  • Chantada ten 51, 1 menos que onte e Taboada mantense en 10.
  • O Saviñao segue subindo, suma 2 e ten 37 contaxios.
  • Pantón rebaixa 1 ata 25.
  • Ribas de Sil sobe un caso máis e xa son 17.
  • Sober volve a ter menos de dez casos acumulados.
0.071110963821411