Os contaxios na provincia volven dispararse por un gromo no Incio
O positivo descuberto na residencia de maiores do Incio derivou xa nunha desproporción de positivos nas últimas horas, aínda que non foron contabilizados todos debido a que moitos dos positivos foron rexistrados esta mañá e os datos que ofrece a Xunta son sempre do día anterior.
Polo tanto, a provincia de Lugo conta hoxe con 34 casos activos máis (39 novos que se reducen coas 5 altas de onte) o que fai chegar a cifra de contaxios aos 170. Deles, 1 está na UCI e 5 en hospitalización en planta (1 máis que onte xa que o mércores había 2 na UCI). Todos eles están no Hula.
Facendo unha recopilación total, a provincia acumula un total de 1.467 positivos, 1.268 altas e 29 falecementos.
Mentres tanto, no Incio os resultados das probas realizadas na reisdneica de maiores xestionada pola Fundación San Rosendo ofreceu un total de 65 usuarios contaxiados, aos que hai que sumar 4 traballadores. Tras coñecer os resultados o rexedor local, Héctor Corujo, vén de pedirlle ao Goberno galego que practique probas PCR á toda a poboación para tratar de atallar este brote canto antes.
Ademais subiron a crifra de contaxios os outros dous gromos de Sarria e Monforte.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.783, deles 1.045 son da área da Coruña, 170 da de Lugo, 157 da de Ourense, 80 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 113 da de Santiago, e 77 da de Ferrol. Estas cifras mostran un crecemento de 160 novos casos máis
Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI (unha máis), 64 en unidades de hospitalización (9 máis) e 1.713 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.701 persoas curadas, rexistrándose 626 falecementos, un máis que onte, un home de 90 anos que estaba ingresado no Chuac que presentaba patoloxías previas.