Os do Campo ofrecerá un concerto gratuíto na Igrexa Vella de Muimenta

TerraChaXa
A actuación será de balde e forma parte da programación cultural vinculada ao VII Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico
os-do-campo
8 May 2026

A formación musical Os do Campo actuará este sábado, 9 de maio, na Igrexa Vella de Muimenta nun concerto en directo que dará comezo ás 22.00 horas. A actuación será de balde e forma parte da programación cultural vinculada ao VII Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico.

O evento está promovido no marco da Escola de Verán de Xogos Tradicionais Iberia Ludens, unha iniciativa centrada na difusión do patrimonio lúdico galego e na promoción de valores relacionados co xogo, a sustentabilidade e a inclusión.

A cita conta coa colaboración de Patrimonio Lúdico Galego e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Cultura.

0.13236904144287