Os empresarios de Sete Pontes reúnense este venres na xuntanza anual
TerraChaXa
O venres, 25 de novembro, a Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes de Vilalba organiza a XVII Xuntanza de socios.
![xuntanza empresarios sete pontes vilalba portada](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/2022/11/xuntanza-empresarios-sete-pontes-vilalba-portada.jpg)
xuntanza empresarios sete pontes vilalba portada
21 Nov 2022
O venres, 25 de novembro, a Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes de Vilalba organiza a XVII Xuntanza de socios cunha churrascada nas propias instalacións do polígono.
A ración está composta por churrasco, liscos, ás, chorizo, queixo, pan e viño a un prezo de 8 euros para socios e de 12 para os non socios.
A festa dará comezo ás 21.00 horas e haberá colchonetas de balde para os pequenos e tamén contarán coa música da orquestra Sintonía de Sancovade, que actuará a partir das 23.00.
![xuntanza empresarios sete pontes vilalba](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2022/11/xuntanza-empresarios-sete-pontes-vilalba-200x285.jpg)