Os empresarios de Sete Pontes reúnense este venres para unha churrascada

TerraChaXa
O venres 16 de xuño a Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes de Vilalba organiza a XVII Xuntanza de socios.
xuntanza anula sete pontes vilalba portada
xuntanza anula sete pontes vilalba portada
15 jun 2023

Este venres, a Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes de Vilalba organiza a XVIII Xuntanza de socios cunha churrascada nas propias instalacións do polígono. Recuperan desde modo a celebración na súa data orixinal.

A ración está composta por churrasco, liscos, chourizo criollo, queixo, pan e viño a un prezo de 15 euros para socios e de 18 para os non socios.

A festa dará comezo ás 20.00 horas e haberá colchonetas de balde para os pequenos e tamén contarán coa música da orquestra Sintonía de Sancovade, que actuará a partir das 22.00.

A festa terá lugar nunha carpa cuberta con carpa e a asociación anunciou que haberá agasallos e sorpresas. A venda de tickets para asistir farase na propia asociación empresarios, na parrillada A Revolta e na estación de servicio Polígono.

xuntanza empresarios sete pontes vilalba churrasco