Os empresarios do polígono Sete Pontes urxen ao Concello a desenvolver melloras de cara á súa humanización

TerraChaXa
A Asociación de Empresarios Sete Pontes pide ao Concello de Vilalba desenvolver canto antes as medidas de mellora no polígono industrial que lle ten trasladado ao alcalde en diversas reunións.
poligono vilalba
poligono vilalba
17 Ago 2017

A Asociación de Empresarios Sete Pontes pide ao Concello de Vilalba desenvolver canto antes as medidas de mellora no polígono industrial que lle ten trasladado ao alcalde en diversas reunións.

Segundo o colectivo, "algunhas das necesidades que actualmente sofre o noso polígono industrial relaciónanse coa humanización do mesmo. É o caso do ensanche, peche e preparación da cuneta do cemiterio, o bacheo e a reparación dos aparcadoiros tanto na sede do edificio coma fronte ás instalacións de Norvento".  Tamén lle facía traslado a directiva da súas propostas de colocación de montículos de plástico ou similares á altura do cemiterio para a freada nos stops" así coma o seu interese por coñecer "o estado en que se atopa a ampliación do chan industrial do Polígono Sete Pontes".

É por iso polo que solicitan ao Concello indicar as datas para levar a cabo as obras coas que atender as devanditas necesidades suxerindo que, na medida do posible, se leven a cabo canto antes.

Festas de San Ramón e Santa María
Doutra banda, a Asociación de Empresarios Sete Pontes aproveita para dar os parabéns pola gran iniciativa que a comisión de festas de San Ramón e Santa María leva a cabo co sorteo de puntos para trocar no comercio vilalbés, xa que será unha maneira de dinamizar o comercio na nosa vila e que dende a Asociación de Empresarios consideran "moi importante".

0.094133853912354