Os erros nas solicitudes do Ben Empregado poden aclararse ata o 21 de marzo
O Goberno da Deputación mantén aberto o prazo ata o 21 de marzo, inclusive, para solucionar posibles requirimentos do Ben Empregado 4, máis social. Está dirixido aos 2.000 lucenses que se inscribiron nos 186 novos postos xerados polo Executivo Provincial en todos os sectores. Na www.deputacionlugo.gal está publicada a listaxe das solicitudes incompletas para que os concorrentes corrixan deficiencias nas súas solicitudes.
Os inscritos poden emendar os erros a través da Axencia de Colocación (oficina física ou https://deputacionlugo.portalemp.com/index.php?lng=gl) ou ben nos rexistros provinciais.
Aquelas persoas inscritas que non figuren en dita listaxe é porque teñen toda a documentación en regra ou porque non son aptos para participar no proceso de selección por non cumprir cos requisitos do posto.
Rematado o prazo e revisada toda a documentación por parte dos técnicos da Axencia de Colocación da Deputación publicarase na www.deputacionlugo.gal a listaxe de candidatos admitidos, coa correspondente citación a entrevista, e excluídos. Transcorridos 10 días hábiles comezará o proceso de selección dos solicitantes aos 186 novos postos de traballo do Ben Empregado 4, máis social.