Os experimentos será a temática da última Insuascola de verán
Convocada a seguinte quenda da Insuascola de verán, que terá lugar do 2 ao 6 de setembro en horario de 10 a 14 horas na Casa das Insuas de Rábade como actividade gratuíta.
Está dirixida especialmente a nenos de 6 a 13 anos, que deberán levar roupa e calzado axeitados para andar polo campo, gorra, crema solar, roupa de baño e muda, calzado tipo escarpín ou cangrexeiras, a súa merenda de media maña e unha cantimplora con auga.
Así mesmo, recoméndase que usen repelente de carrachas.
A temática será sobre os experimentos traballando co pH, o ADN dunha froita ou mesmo a observación dos estomas das plantas no microscopio. Tamén gozarán do aire libre na contorna do río Miño.
Para inscribirte nesta edición hai que enviar un mail a casadasinsuas@gmail.com
Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.