Os hostaleiros de Guitiriz recuperan o seu Entroido con dúas festas

TerraChaXa
A asociación de hostaleiros de Guitiriz, De Bares, recupera este ano a celebración do Entroido, que de dividirá en dúas sesións.
_asociacion de bares guitiriz entroido portada
_asociacion de bares guitiriz entroido portada
14 feb 2023

A asociación de hostaleiros de Guitiriz, De Bares, recupera este ano a celebración do Entroido, que de dividirá en dúas sesións, a primeira o sábado 18 para a mocidade e o luns 20, para os adultos.

Así, o Entroido Miúdo será o sábado a partir das 20.00 horas cun concurso dirixido ás comprasas, cunha única regra, que teñen que ter como mínimo un menor de 14 anos.

Os participantes deberán percorrer os sete bares que forman parte desta cita: Xoldra, Flamingo, Soa, Nistal, Titanic, Gaibor e Korreo para conseguir puntos para optar aos premios que se repartirán, que ascenden a 400 euros.

Os grupos estarán acompañados polo grupo Os D'Antes e os premios entregaranse ao día seguinte xa que o concurso rematará sobre as 23.00 horas.

Xa o luns 2o terá lugar a sesión para adultos, que dará comezo ás 21.00 horas e que ten prevista a entrega de premios sobre as 4.30 da madrugada. A dinámica é a mesma, percorrer os locais participantes, ao ritmo da música que poñan os propios establecementos, e que son Xoldra, Flamingo, Soa, Zeus, Bolero e Titanic. Será neste último onde concluirán os festexos e se dará conta do gañador. Os premios ascenden a 700 euros.

asociacion de bares guitiriz entroido