Os internistas recomendan vacinarse contra o sarampelo
Os internistas recomendan vacinarse contra o sarampelo aos nados entre 1970 e 1980 se teñen dúbidas de que estean inmunizados ou a aqueles que non lembren ter pasado a enfermidade, xa que revacinarse tampouco ocasiona ningún problema, segundo afirma o colectivo profesional.
Reino Unido, Grecia, Albania e a República Checa perderon en 2018 o estatus de país libre de sarampelo que establece a Organización Mundial da Saúde, OMS. En España a enfermidade está en alza, afirman os internistas, con algúns brotes que se ben non son preocupantes, serven de aviso para estar atentos. Ten habido alomenos dous casos en Galicia e está pendente de confirmarse un terceiro.
Ramón Ramuñal, médico internista membro de SOGAMI (Sociedade Galega de Medicina Interna) e traballador da Unidade de Enfermedades Infecciosas do Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) de Lugo, lembra que o ano pasado houbo un rebrote da enfermidade importante no norte de Portugal.
A vecina triple vírica (sarampelo, rubéola e parotidite ou papeiras) entrou formar parte do calendario de vacinación estatal en 1981, porque os nados a partir desa data está na súa meirande parte inmunizados. Os que naceron antes de 1970 probablemente estean cubertos ao ter entrado en contacto coa enfermidade e só se pasa unha vez. Sen embargo, non tódolos nados en 1970 están vacinados.
É unha enfermidade vírica, contaxiosa, que cursa con febre, catarro e características marcas no pel.