Os residentes dos centros de maiores da Deputación participan en actividades medioambientais

Pol
LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Un herbario de plantas autóctonas, a creación dun pequeno horto con fins terapéuticos, decoración floral, ou un taller de plantas aromáticas son algunhas das iniciativas
actividades-medioambientais-maiores-residencias
8 Out 2024

Os residentes dos Centros de Atención a Maiores (CAMs) da Deputación de Lugo participan en diferentes actividades deseñadas pola institución provincial para mellorar o seu benestar físico e mental. Un herbario de plantas autóctonas, a creación dun pequeno horto con fins terapéuticos, decoración floral ou un taller de plantas aromáticas son algunhas das iniciativas postas en marcha pola Deputación ata o mes de xuño nas 9 residencias da provincia que xestiona.

Mellorar a calidade de vida, fomentar a socialización e promover hábitos saudables e sostibles son algúns dos obxectivos da Deputación con esta iniciativa na que participan as persoas usuarias dos centros de Castroverde, A Fonsagrada, Meira, Navia de Suarna, Pedrafita, Pol, Ribadeo, Ribas de Sil e Trabada. O calendario de actividades medioambientais comezou cun herbario de plantas autóctonas e continuará este mes cun taller de decoración de nadal, que se prolongará ata decembro.

Entre o mes de xaneiro e marzo, están previstas dúas actividades: a creación dun pequeno horto terapéutico en maceta e hortoterapia. Nos meses de abril a xuño haberá un taller de decoración floral e outro de plantas aromáticas e aplicación sensorial.

A Deputación de Lugo coordina así aos seus servizos de Medio Ambiente e de Benestar para impulsar unha iniciativa con múltiples beneficios no benestar físico e mental, como a redución do estrés e da ansiedade ou a estimulación cognitiva. Ademais, estas actividades fomentan a socialización, porque se realizan en grupo e fan que as persoas que participan formen parte dun proxecto cun propósito e promoven os hábitos sostibles en cuestións como a reciclaxe, o aforro de auga ou a compostaxe.

0.14569115638733