Os Roteiros de Pol organizan unha nova saída ao Miradoiro de Monseivane este domingo

Pol
LugoXa | TerraChaXa
A data límite para formalizar a inscrición será hoxe xoves, 16 de abril
roteiros-tematicos-castelo-allariz
16 Apr 2026

O colectivo Roteiros de Pol celebrará este domingo 19 de abril unha nova actividade de sendeirismo que levará ás persoas participantes ata o Miradoiro de Monseivane, na parroquia de San Simón da Costa, nunha proposta pensada para gozar da natureza nun percorrido accesible.

A saída realizarase ás 8:00 horas dende Mosteiro, cunha segunda parada en Lugo ás 8:20 horas, mentres que o inicio da ruta está previsto para as 9:20 horas. O itinerario terá unha distancia aproximada de 15 quilómetros e está cualificado como de dificultade baixa, o que o fai apto para un amplo perfil de participantes. O remate da actividade está programado arredor das 14:00 horas.

O prezo da actividade será de 40 euros para persoas socias e de 45 euros para non socias, incluíndo tanto o desprazamento en autobús como a comida. A data límite para formalizar a inscrición será hoxe xoves, 16 de abril.

Esta nova ruta enmárcase na programación habitual do colectivo, que continúa promovendo o sendeirismo e o coñecemento do territorio a través de propostas abertas á participación.

0.12558388710022