Os Roteiros de Pol rematarán o ano con dúas rutas e a xuntanza de Nadal

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Percorrerán nas xornadas que quedan o Courel e farán a Ruta do Cocido
roteiros-de-pol-ruta
14 Nov 2024

A Asociación Roteiros de Pol porá o punto e final ao programa do 2024 con dúas rutas e a tradicional cea de anual de Nadal.

O colectivo programou para este 2024 un total de doce rutas, unha por mes, agás en agosto. Quedan polo tanto dúas rutas por celebrarse, a Ruta polo Courel, que terá lugar o 17 de novembro, e a Ruta do Cocido, o 1 de decembro, as dúas na provincia de Lugo.

Ademais, pecharase o ano coa tradicional cea anual de Nadal, que terá lugar en Mosteiro o día 15 de decembro.

Os percorridos deron comezo en xaneiro cunha ruta por Guntín de Pallares e outra por Barreiros en febreiro. Seguiron por Ponferrada, Paradela, Guitiriz, Mondoñedo e Belesar. Ademais, no mes de maio participaron na XV Concentración de Asociación de Senderismo e Tempo Libre de Galicia e Asturias, que tivo lugar na Pontenova o día 11; e na XXXVII Travesía Costa Naviega, na localidade asturiana de Navia en xuño. Non faltou a tradicional ruta por Pol, que se celebrou o 1 de setembro.

0.1596691608429