Os seis GDR da provincia apoian 112 proxectos con 5,1 millóns de euros

TerraChaXa
Os seis Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) que hai na provincia de Lugo subvencionaron 112 proxectos que contan cunha axuda de 5,1 millóns de euros e permitirán mobilizar un investimento de preto de 10 millóns de euros.
22 Nov 2017

Os seis Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) que hai na provincia de Lugo subvencionaron 112 proxectos que contan cunha axuda de 5,1 millóns de euros e permitirán mobilizar un investimento de preto de 10 millóns de euros.

Así se deu a coñecer este mércores na reunión cos responsables dos GDR lucenses que, presidida polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, serviu para avaliar e poñer en común o traballo que están a desenvolver desde estas entidades para impulsar o agro lucense.

O encontro serviu tamén para facer un chamamento dirixido a empresas, entidades e profesionais do agro, potenciais beneficiarios destas axudas, para que saquen o máximo proveito posible dos recursos que os GDRs poñen a disposición do rural da provincia.

115 proxectos financiados
Entre os 115 proxectos que obtiveron o apoio dos GDR atopamos moita variedade, desde centros de día, garderías, a accións culturais e turísticas, ademais de iniciativas relacionadas coa agricultura, gandaría e co forestal.

Aos proxectos aprobados ata o de agora sumando moitos máis xa que logo está previsto que o próximo ano teña lugar unha segunda convocatoria de axudas. Os expedientes presentados con posterioridade ao 31 de marzo, serán analizados para a convocatoria do ano que ven, competindo en concorrencia, cos expedientes que se sigan presentando ata o 31 de marzo do 2018, data límite para facelo.

Seis asociacións que abarcan toda a provincia
En Lugo están en pleno funcionamento seis asociacións de desenvolvemento rural: a de Terras de Miranda, con sede en Mondoñedo e ámbito de influencia no norte da provincia; a asociación da comarca de Lugo, con sede en Friol, e ámbito territorial nos concellos do centro; a asociación da Terra Chá, con sede en Vilalba, que opera nesa comarca; a asociación Miño-Ulla, con sede en Chantada, e ámbito influencia nos concellos máis ao sur da provincia; a asociación de Montes e Vales Orientais, con sede en Baleira, que opera na Montaña lucense; e, finalmente, a asociación da Ribeira Sacra-Courel, con sede en Bóveda.

0.22852802276611