Os socialistas acusan á Xunta de desleixo ante os accidentes provocados por xabarís
O portavoz socialista de Gandaría, José Manuel Pérez Seco, denunciou hoxe a “falta de atención por parte da Xunta aos accidentes de tráfico causados polos xabarís”. No debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento, sinalou que en 2018 rexistráronse en Galicia máis de 4.800 accidentes de tráfico causados pola fauna salvaxe en, 2.500 deles provocados polos xabarís.
O parlamentario socialista lamentou o desleixo do goberno galego diante desta situación, que “abarca case todo o territorio galego, converténdose nun dos principais problemas de seguridade viaria”.
Pérez Seco amosou a súa preocupación polos danos materiais que estes accidentes están a causar, afectando tanto ás vías secundarias como ás autoestradas. Ao producirse pola noite, Explicou, aumenta o risco vital dos cidadáns debido á escasa iluminación e o corto período de tempo que teñen os condutores para percibir a presenza do xabaril e evitar o impacto.
O portavoz socialista advertiu de que a mala xestión das poboación de xabarís por parte do goberno está ocasionando “problemas tamén para agricultores ao provocar desfeitas nas colleitas e a erosión no solo, derivando en malas colleitas para os agricultores, e diminuíndo a actuación de outras especies como os pequenos roedores ou as aves”.
Para os gandeiros está sendo tamén un problema, amosou o deputado, debido ao “enorme gasto que teñen que facer en alimentación para o seu ganado, xa que os xabarís destrozan as súas plantacións para poder alimentar o gando, ocasionando máis custes e polo tanto menos beneficios”.