Os socialistas de Vilalba homenaxean a un militante histórico
Os socialistas e Vilalba celebraron este domingo o seu xantar anual no Restaurante Terra Chá, no que participaron máis de 130 persoas. A este encontro acudiron o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, o secretario xeral da provincia de Lugo, José Tomé Roca, xunto á alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro. Ademais tamén asistiron os deputados no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro, o voceiro parlamentario, Luís Álvarez, ademais de alcaldes e concelleiros da Comarca, xunto con outros cargos orgánicos.
Durante este xornada a Agrupación Socialista de Vilalba homenaxeou a César Novo Fernández coa entrega dunha placa. Con 98 anos, César é un dos militantes históricos da provincia e foi un dos fundadores do partido socialista nesta vila. Ademais foi Secretario da Agrupación Socialista de Vilalba e concelleiro da corporación municipal.