Os traballadores de Alcoa volveron manifestarse ante a Subdelegación do Goberno

TerraChaXa | LugoXa
Os traballadores de Alcoa San Cibrao volveron manifestarse hoxe ante a Subdelegación do Goberno en Lugo para esixirlle ao Goberno que tome as medidas necesarias para que a industria electrointensiva poida ter un prezo competitivo da enerxía.
portada_festadatroita
portada_festadatroita
25 Xuño 2020

Os traballadores de Alcoa San Cibrao volveron manifestarse hoxe ante a Subdelegación do Goberno en Lugo para esixirlle ao Goberno que tome as medidas necesarias para que a industria electrointensiva poida ter un prezo competitivo da enerxía.

Esto é algo que consideran imprescindible para buscar solucións que permitan manter a produción de aluminio primario na Mariña.

“Hoxe é un día moi triste para toda a industria española, o Goberno e a Xunta teñen que empezar a buscar solucións, non se poden permitir que se destrúa a industria e que quedemos sen fabricar aluminio en España, para importar un millón de toneladas do estranxeiro”, dixo o presidente do comité, José Antonio Zan.

O BNG sumouse á concentración que os obreiros e obreiras da factoría de aluminio de San Cibrao mantiveron esta mañá en Lugo para reclamar á Xunta e ao Estado que poñan en marcha os mecanismos necesarios para garantir a continuidade dos empregos e da produción de aluminio no complexo industrial de Cervo.

O persoal de Alcoa e das industriais auxiliares concentrouse fronte á Subdelegación do Goberno despois de reunirse cos responsables da empresa, que iniciou formalmente a tramitación do Expediente de Regulación de Emprego (Ere) que afecta un milleiro de traballadores entre empregados directos e obreiros das auxiliares.

O BNG reiterou a súa aposta pola intervención da empresa como única saída para salvar os postos de traballo e a produción de aluminio. “Temos despidos enriba da mesa. Xa non vale unha declaración de intencións, os gobernos teñen que reccionar e deixarse de palabrería”, urxiu a responsable comarcal do BNG, Ana Ermida.

“Trátase de salvar a industria do aluminio na Mariña, de salvar eses postos de traballo e os que virán detrás e a única saída posible neste momento é apostar pola intervención pública. O goberno do Estado debe poñela enriba da mesa, e a Xunta traballar para que se produza esa intervención. Está en xogo o futuro dun comarca e non caben medias tintas. É o momento de actuar con contundencia”, sostivo a nacionalista.

Tamén está convocada tamén para o domingo 28 unha caravana de vehículos que partirá ás 10.00 horas dende o aparcadoiro do mercado de Viveiro, continuará ás 10.20 por Xove, pasará ás 10.40 horas polo Hospital de Burela e ás 11.00 horas Foz e Barreiros, para desprazarase ata a capital lucense. Finalizará ás 14.00 horas.

0.082690954208374