Os traballadores de Capsa reclaman o cumprimento do convenio

TerraChaXa | LugoXa
O persoal da factoría de Capsa de Robra, en Outeiro de Rei, iniciou mobilizacións polo cumprimento do convenio. 
concentracion capsa traballadores robra
16 Mar 2023

O persoal da factoría de Corporación Alimentaria Peñasanta SA de Robra (Capsa), en Outeiro de Rei, iniciou mobilizacións polo cumprimento das garantías económicas do convenio de empresa. 

Os traballadores estaban citados no acceso da factoría en Robra nunha manifestación dunha duración dunh hora, dende as 13.15 ata as 14.45 horas.  A concentración estaba convocada polo comité de empresa, con representación íntegra da CIG. 

Segundo indican dende a CIG, o persoal de Capsa leva varias reunións solicitando a efectivización da revisión salarial pactada ó IPC real para o centro de traballo de Robra, sen que a empresa, na mesma sintonía que a patronal do sector lácteo, veña a asumir o asinado no convenio. 

A totalidade do persoal valora como "gravísimo" o incumprimento da empresa nos termos pactados e de non ter o avance nos termos pactados no convenio, o conflicto continuará a súa evolución, de feito, xa están previstos o inicio de paros programados para as vindeiras semáns. 

"É impresentable que un grupo empresarial de base cooperativa que declara enormes beneficios e unha imaxe mediática de forte compromiso co sector, se aveña a contravir os termos pactados na negociación colectiva", explican. 

0.086334943771362