Os traballos de mellora na A-6 en Baamonde obrigan a facer cambios na circulación

TerraChaXa
Mitma avisa de afeccións ao tráfico por traballos no firme na ligazón entre a A-8 (km 593) e a A-6 (km 522)
cortes trafico sinal
7 Aug 2022

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) está a realizar traballos de mellora do firme na ligazón entre a A-8 (km 593) e a A-6 (k 522), en Baamonde, provincia de Lugo.

Para garantir a seguridade da circulación durante o desenvolvemento das obras, produciranse unha serie de afeccións ao tráfico nos ramais de incorporación desde a A-8 cara á A-6 en sentido Lugo/A Coruña e no ramal de acceso desde a A-6 cara á A-8, en sentido Oviedo nos horarios seguintes:

  • Entre as 08:00 h do luns 8 de agosto ata as 21:00 h do xoves 11 de agosto, de forma ininterrompida, verase afectado o movemento Oviedo-Lugo/A Coruña, co corte da calzada dereita da A-8 na ligazón do km 588, en sentido Lugo - A Coruña.
  • Entre as 8:00 h e as 21:00 h dos días 10 e 11 de agosto, verase afectado o movemento Lugo-Oviedo, mediante o corte do do ramal de incorporación desde a A-6 procedente de Lugo, cara á A-8, sentido Oviedo.

Os Itinerarios alternativos serán os seguintes:

Movemento Oviedo-Lugo/A Coruña

O tráfico do devandito movemento circulará pola N-634 entre o km 634,750 e a glorieta situada no km 639m500. Posteriormente incorporarase á A-6 sentido A Coruña ou á glorieta do km 639m800 para dirixirse cara á A-6 sentido Lugo.

Movemento Lugo-Oviedo

O tráfico do devandito movemento desviarase pola vía colectora paralela á A-6 ata a glorieta situada no km 639,500 da N-634. Posteriormente, circulará pola devandita estrada ata o km 634,750 onde se producirá a incorporación cara á autovía A-8 sentido Oviedo.

trafico a6 obras

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17306804656982