Os traballos do alumnado de pintura do CEIP Poeta Avelino Díaz poderán visitarse durante todo o mes de xuño

A Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) do CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz de Meira anunciou a apertura dunha exposición de pintura na que se amosan os traballos realizados polos nenos e nenas que participaron na actividade extraescolar de pintura ao longo do curso.
A mostra poderá visitarse durante todo o mes de xuño no Espazo Cultural O Centro, onde se exhiben as creacións elaboradas polo alumnado. A exposición pretende dar visibilidade ao talento, á creatividade e ao esforzo desenvolvido polos máis pequenos durante os últimos meses.
Desde a ANPA animan á veciñanza a achegarse para coñecer esta colección artística, que reflicte a aprendizaxe e a evolución dos participantes nesta actividade formativa e creativa.
A entidade tamén quixo agradecer publicamente a implicación da profesora Fina e de Yoani Jartín Salgado pola súa colaboración e apoio no desenvolvemento desta iniciativa.