Os transportistas de Vilalba protagonizaron unha marcha

TerraChaXa
Preto de 259 camións e tamén tractores participaron na xornada de onte nunha marcha reivindicativa en Vilalba. 
folga transporte vilalba 2
20 Mar 2022

Preto de 259 camións e tamén tractores participaron na xornada de onte nunha marcha reivindicativa en Vilalba que acadou os catro quilómetros.

A protesta, que se prolongou durante arredor de tres horas, contou tamén co respaldo dos veciños da vila que pasaron ao seu paso para aplaudir e moitos comercios pecharon tamén as súas portas durante este tempo.

Os transportistas lembraron que a súa protesta está vinculada principalmente á alza do precio dos carburantes e desvincúlanse de ser unha protesta por motivos políticos.

0.18666911125183