Os Valuros promove en Castro Ribeiras de Lea encontros semanais de música e baile tradicional

O grupo Os Valuros porá en marcha en outubro unha nova actividade dedicada á música e ao baile tradicional galego en Castro Ribeiras de Lea, no municipio de Castro de Rei. Os encontros celebraranse todos os mércores ás 19.00 horas no Auditorio da Granxa da Deputación.
A proposta está aberta a persoas de todas as idades e pretende ofrecer un espazo para aprender, gozar e compartir a tradición galega a través do baile e da música en directo.
A iniciativa permitirá aos participantes achegarse á música e aos bailes tradicionais nun ambiente aberto e participativo, co obxectivo de fomentar o coñecemento e a continuidade destas expresións da cultura galega.
As persoas interesadas en incorporarse ao grupo poden obter máis información a través do teléfono 646 475 639.