Os veciños da Pastoriza contarán desde o día 16 con recollida de residuos

TerraChaXa
Estes deberán estar depositados en lugares accesibles para a súa carga con camión pluma
enseres-voluminosos-lixo-reciclaxe
9 sep 2024

Os días 16, 17, 18, 19 e 20 deste mes de setembro o Concello da Pastoriza procederá á recollida de enseres domésticos.

Así os veciños que o desexen poderán depositar utensilios e mobiliario xeral do fogar como electrodomésticos, xoguetes ou aparellos musicais por exemplo ata un máximo de tres enseres por vivenda.

Dende o Concello informan que non se recollerán outros enseres que non estean incluídos nos catalogados como domésticos nin aqueles que non sexan declarados na solicitude.

A recollida realizarase de forma domiciliaria, iniciándose ás 6.00 horas da mañá e os enseres deberán estar depositados en lugares accesibles para a súa carga con camión pluma.

Todas aquelas persoas interesadas deberán chamar previamente ao teléfono do Concello 982 33 21 97.

0.15192484855652