Os veciños de Begonte contarán este mes con recollida de residuos

TerraChaXa
Todas aquelas persoas interesadas deberán chamar previamente ao teléfono do Concello 982 39 61 43
recollida-enseres-begonte
6 Sep 2026

Este mes de setembro o Concello de Begonte procederá á recollida de enseres domésticos.

Así os veciños que o desexen poderán depositar utensilios e mobiliario xeral do fogar como electrodomésticos, xoguetes ou aparellos musicais por exemplo ata un máximo de tres enseres por vivenda.

Dende o Concello informan que non se recollerán outros enseres que non estean incluídos nos catalogados como domésticos nin aqueles que non sexan declarados na solicitude.

A recollida realizarase de forma domiciliaria, iniciándose ás 6.00 horas da mañá e os enseres deberán estar depositados en lugares accesibles para a súa carga con camión pluma.

Todas aquelas persoas interesadas deberán chamar antes do 17 ao teléfono do Concello 982 39 61 43.

0.14529991149902