Os veciños de Cabreiros organizan a tradicional setada o dia 23
TerraChaXa
O menú inclúe paella con setas, costela asada con setas, sobremesa, café e gotas
10 Nov 2024
Os veciños de Cabreiros teñen unha cita o vindeiro 23 de novembro. A asociación de veciños local organiza a súa habitual setada. A cita comezará ás 14.30 horas na Casa Escola de Cabreiros.
O menú inclúe paella con setas, costela asada con setas, sobremesa, café e gotas. Aínda que todos os pratos inclúen setas, quen non poida comelas pode avisar no momento de anotarse para facer o menú sen elas.
Os interesados poden adquirir o tícket, que ten un prezo de 25 euros para os socios e de 30 para os non socios, poñéndose en contacto con calquera membro da directiva. A data límite para anotarse é o día 17.