Os veciños de Cabreiros organizan a tradicional setada o dia 28

TerraChaXa
O menú inclúe paella con paella e costela asada con setas, sobremesa, café e gotas
setas-cogomelos-micoloxia
15 Nov 2026

Os veciños de Cabreiros teñen unha cita o vindeiro 28 de novembro. A asociación de veciños local organiza a súa habitual setada. A cita comezará ás 14.30 horas na Casa Escola de Cabreiros.

O menú inclúe paella con setas, costela asada con setas, sobremesa, café e gotas. Aínda que todos os pratos inclúen setas, quen non poida comelas pode avisar no momento de anotarse para facer o menú sen elas.

Os interesados poden adquirir o tícket, que ten un prezo de 25 euros para os socios e de 30 para os non socios, poñéndose en contacto con calquera membro da directiva. A data límite para anotarse é o día 21.

0.13164901733398