Os veciños de Órrea celebrarán un xantar e un roteiro a primeiros de agosto

TerraChaXa
A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea celebrará o sábado 3 de agosto a súa asamblea xeral, que terá lugar ás 17.
26 Jul 2019

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea celebrará o sábado 3 de agosto a súa asamblea xeral, que terá lugar ás 17.00  horas no local social, a antiga escola.

A orde do día contará cunha memoria das actividades realizadas e das programadas en próximas datas. Tamén se fará un informe económico e se renovará a xunta directiva.

Esta reunión será o paso previo para a reunión anual dos veciños, que terá lugar nun xantar veciñal o domingo, 4 de agosto, a partir das 14.00 horas no campo da festa.

Este xantar será a culminación da celebración do IV Roteiro Regos e Fontes, que terá lugar ás 11.00 horas.

Tanto o xantar como o roteiro son actividades independentes e pode participarse en calquera delas por separado.

Os interesados en participar no xantar poden mercar os ticquets na taberna de Montse ata o xoves día 1 a un prezo de 6 euros para os socios e de 15 para os non socios. Os menores de 12 anos deberán abonar dez euros.

0.13747692108154