Os veciños de Órrea organizan un torneo de tute o 21 de marzo

TerraChaXa | LugoXa
A Asociación de veciños de Santa Comba de Órrea celebrará o día 21 de marzo un torneo de tute para parellas para o que o prazo de inscrición xa está aberto.
27 Feb 2020

A Asociación de veciños de Santa Comba de Órrea celebrará o día 21 de marzo un torneo de tute para parellas para o que o prazo de inscrición xa está aberto.

Este evento terá lugar no local social da Órrea e recibirán un trofeo as tres parellas mellor clasificadas. NOn haberá retribución en metálico xa que a inscrición é de balde.

A modalidade de xogo será de parellas todas contra todas con partidas a 12 xogos e a clasificación farase por xogos gañados.

Segundo o número de inscricións, as parellas poderán ser repartidas en grupos. Nese caso xogaríanse semifinais e final.

A data límite para anotarse é o 19 de marzo e esta pode facerse na Taberna de Montse ou con calquera membro da xunta directiva da asociación.

0.15702605247498