Santa Comba da Órrea, en Riotorto, acolle a peza teatral 'O menciñeiro á forza'

TerraChaXa | AMariñaXa
Os veciños de Santa Comba da Órrea poderán gozar dunha nova proposta teatral.
teatro afeccionado pol portada
teatro afeccionado pol portada
7 dic 2023

Os veciños de Santa Comba da Órrea poderán gozar dunha nova proposta teatral. O vindeiro 8 de decembro Os Pícaros de Lagoa poñerán en escena a obra O menciñeiro á forza.

Trátase dunha proposta de carácter gratuíto que terá lugar na Escola da Órrea. A peza teatral comezará ás 20.00 horas.

Unha muller farta do seu marido folgazán, trama un escarmento porque non o atura máis. Ao final todo acaba ben, pero non se pode contar máis, a historia ten moralexa, quen a queira saber, a obra ten que ver.

A cita está organizada pola Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea e conta coa financiamento da Deputación provincial de Lugo.

teatro_na_escola_da_órrea