Otero e Mogo visita Castro Ribeiras de Lea para achegar as propostas do PSOE para o 29N

A candidata do PSdeG ao Congreso por Lugo, Patricia Otero, e o candidato ao Senado, César Mogo, visitaron este mércores a feira de Castro de Ribeiras de Lea, onde conversaron coa veciñanza e con comerciantes sobre as súas necesidades e inquedanzas e deron a coñecer as propostas do PSOE para as eleccións xerais do 29 de novembro.
No percorrido polo recinto feiral participaron tamén a secretaria xeral e voceira do PSdeG en Castro de Rei, Alba Sinde, integrantes da agrupación socialista local e alcaldes, alcaldesas, voceiros e voceiras da comarca da Terra Chá. Ao remate da feira, Otero e Mogo compartiron un xantar coas compañeiras e compañeiros da comarca.