Ourol: Ruta indiana

TerraChaXa
Durante este percorrido pódese coñecer unha parte imprescindible da historia da Mariña, unha mostra do legado que trouxo a emigración
casa-do-rego-vista-xeral
Actualizada el 24 julio 2026, 06:18 horas
11 Dec 2022

Esta ruta ofrece un percorrido polo patrimonio indiano máis destacado do municipio de Ourol. Unha proposta con dezasete puntos de visita e que permite coñecer, a través da arquitectura, unha parte imprescindible da historia da Mariña: a emigración a América e o relevante legado cultural que os emigrados deixaron neste territorio.

Algunhas das edificacións que se poden visitar nesta Ruta indiana son as Antigas Escolas Vicente Casavella, que foron construídas gracias a que cando o veciño Casavella morreu deixou estipulado no seu testamento que se legase á parroquia de Ourol a cantidade de 25.000 pesetas para a construción dunha escola de ambos os sexos na propia parroquia. O Concello, cumprindo a última vontade deste veciño, comeza a construción dun edificio no que se situarán a escola, unha capela e os locais da Casa Consistorial. A Casa García, que é unha vivenda promovida por Vicente García Rodríguez emigrante en Uruguai e en Arxentina.

A Casa de Pita, que data de 1928, é unha vivenda promovida por Francisco Carballido en 1928 formada por dúas plantas e un baixocuberta, con cocheira lateral rematada nunha terraza balaustrada. A interesante fachada, está rematada por unha bufarda teitada con cuberta a dúas augas. O xardín está salpicado de varias especies arbóreas propias da zona.

O Cemiterio Indiano de Xerdiz foi construído en 1908 grazas ás doazóns de 64 veciños residentes en Cuba e 110 da propia parroquia. É un dos cemiterios indianos máis representativos da Mariña grazas á riqueza do patrimonio que garda, con esculturas realizadas -entre outros canteiros- polas famosas mans de Francisco Veiga.

A Casa de Rego foi levantada nos anos 20 por Antonio Ladra, emigrante en Cuba. Destaca sobre todo a bufarda con coroación en traza circular, os linteles dos recercados, e as carpinterías centrais en curva.

A Casa das Veigas é unha casa labrega reconvertida en indiana nos anos 30 por Francisco Cao, emigrante en Cuba. A vivenda consta de tres plantas na que destacan dúas galerías nos laterais. Posúe interesantes elementos decorativos que revelan a intención do promotor de amosar o seu éxito.

A Casa de Puentes, do ano 1922, pertence a Manuel Puentes Rouco quen emigrou a Cuba nas adegas dun barco para voltar a Galicia en primeira clase. É unha construción de estilo autóctono de planta cadrada con dous pisos e faiado e no costado álzase unha pequena construción dunha planta que remata en terraza. A fachada destaca pola escasa ornamentación.

A Casa de Jaime Mariño, feita nos anos 20 por José Vizoso, é unha construción rectangular de dúas plantas e un baixocuberta con bufarda sobre a cornixa principal. Non difire dos modelos residenciais autóctonos.

A Casa de Novo foi promovida por Manuel López, quen a construíu en 1926 ao seu regreso de Cuba. É de planta rectangular con dúas alturas e a súa fachada conta con dous miradoiros de agradable deseño que flanquean un balcón situado no centro. Próximo á porta de entrada hai un banco adornado con motivos florais onde se aprecia o modernismo de principios de século.

casa-garcia-aerea
casa-de-pita-general
cementerio-xerdiz-detalle
casa-de-puentes-xeral-b
0.13330006599426