Outeiro de Rei acolle a IV Supercopa FGA de Karting os días 24 e 25 de outubro

LugoXa | TerraChaXa
O programa deportivo comezará o venres 23 de outubro coas verificacións administrativas e os adestramentos colectivos
supercopa-fga-outeiro-de-rei
21 Oct 2026

O Circuíto de Outeiro de Rei será o escenario esta fin de semana da IV Supercopa FGA, unha cita do Campionato Galego de Karting que reunirá a pilotos de diferentes categorías os días 24 e 25 de outubro.

A competición desenvolverase nunha fin de semana na que os participantes competirán nas categorías Prerookie, Escuela IRT, Rookie IAME, Mini Novel, Mini, Júnior, Sénior, KZ, KZ2 e KZ200, ofrecendo ao público a oportunidade de gozar do espectáculo e da emoción do automobilismo.

O programa deportivo comezará o venres 23 de outubro coas verificacións administrativas e os adestramentos colectivos. O sábado 24 terán lugar novas verificacións, os adestramentos colectivos, as carreiras de Prerookie e o briefing. A xornada do domingo 25 estará dedicada ao desenvolvemento das sesións decisivas, coa Super Pole, a Pole Position e as finais.

A celebración desta proba no municipio reforza a presenza de Outeiro de Rei no calendario do automobilismo galego e pon en valor o Circuíto de Outeiro de Rei como instalación de referencia para a práctica e a promoción do karting.

0.13786602020264