Outeiro de Rei acolle a primeira proba da VF Challenge Motor Race
TerraChaXa | LugoXa
Esta fin de semana, os días 6 e 7 de abril, terá lugar o VF Challenge Motor Race no circuíto de Outeiro de Rei.
4 Apr 2024
Esta fin de semana, os días 6 e 7 de abril, terá lugar o VF Challenge Motor Race no circuíto de Outeiro de Rei.
Todas as persoas amantes do motor poderán acercarse ás instalacións de Robra, onde se celebrará esta proba deportiva, a primeira do programa despois dos adestramentos nas POntes.
Contará coas categorías Minimoto, Minimotard, Criterium, Mini GP 110cc, Supermoto e Pitmotard.
Os adestramentos terán lugar o sábado dende as 10:00 horas ata as 19:00 horas e o domingo será o día de competición, comezando tamén cedo, ás 9.30 horas para os adestramentos cronometrados. As mangas comezarán ás 11.15 horas. comezando con minimotos.
O evento conclúe coa entrega de premios ás 15.30 horas.