Outeiro de Rei acolle o 25 un torneo de ximnasia rítmica
TerraChaXa
O Concello de Outeiro de Rei acolle o sábado 25 de maio o Torneo de Ximnasia Rítimica Escolas Municipais, que reunirá un total 190 rapazas de 6 escolas municipais da provincia de Lugo (Outeiro de Rei, Guitiriz, Vilalba, Begonte, Rábade e Cospeito).
23 Maio 2019

As participantes competirán en 7 categorías diferentes e amosarán o alto nivel da provincia en ximnasia rítmica.
O torneo dará comezo ás 17:30 h no Pavillón Municipal de Deportes e a entrada é de balde e aberta ao público en xeral.