Outeiro de Rei acollerá a terceira edición do Curso de Pesca Fluvial esta fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
As xornadas desenvolveranse de 9.00 a 13.00 horas na Área Recreativa de Santa Isabel
pescador-pesca-rios
14 Sep 2026

O Concello de Outeiro de Rei, coa colaboración do Club Os Troiteiros, organizará esta fin de semana a terceira edición do Curso de Pesca Fluvial, unha actividade destinada a achegar aos participantes ao mundo da pesca fluvial e fomentar o respecto e a conservación dos ecosistemas dos ríos.

As xornadas desenvolveranse de 9.00 a 13.00 horas na Área Recreativa de Santa Isabel, no Concello de Outeiro de Rei. O curso combinará contidos teóricos e xornadas prácticas de pesca.

Entre os contidos previstos figuran a iniciación á pesca fluvial, as técnicas básicas de pesca, os equipos e materiais, o casting, a pesca á ninfa e a mosca seca, así como o coñecemento da flora e fauna dos ríos.

O programa tamén abordará a pesca sen morte e sostible, a seguridade e as boas prácticas no río e o coidado e a conservación do medio fluvial. As persoas participantes terán ademais a oportunidade de realizar xornadas prácticas de pesca.

A iniciativa leva por lema «Aprende, disfruta e coida os nosos ríos» e busca dar a coñecer as técnicas de pesca e a importancia de respectar e conservar os ecosistemas fluviais.

As persoas interesadas poden solicitar información ou realizar consultas a través do teléfono 647 951 884.

0.15136098861694