Outeiro de Rei acollerá o 8 de setembro unha nova edición da Memoria da Chaira Enteira

LugoXa | TerraChaXa
A programación comezará ás 14.30 horas cun xantar no Río Ladra. Pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar un recital nas Penas de Rodas, seguido ás 18.00 horas dun prego no cemiterio
memoria-da-chaira-enteira
27 Aug 2026

Outeiro de Rei acollerá o vindeiro 8 de setembro unha nova edición da Memoria da Chaira Enteira, unha xornada de homenaxe e lembranza que combinará música, poesía e diferentes actos de memoria arredor da figura de Manuel María.

A programación comezará ás 14.30 horas cun xantar no Río Ladra. Pola tarde, ás 17.00 horas, terá lugar un recital nas Penas de Rodas, seguido ás 18.00 horas dun prego no cemiterio de Outeiro de Rei. A xornada rematará ás 19.00 horas cun rito compartido no Campo de Santa Isabel.

Un dos momentos destacados da programación será a entrega das navallas de Manuel María a Luis Aldegunde e Raul Galego, nun acto que pretende manter viva a memoria e o legado do escritor chairego.

A organización corre a cargo da Irmandade Manuel María e da Asociación Xermolos, entidades vinculadas á difusión e preservación da obra e do pensamento do autor. Para participar no xantar é necesario anotarse previamente a través do teléfono 646 413 890 (Alfonso).

0.14206194877625