Outeiro de Rei acollerá un obradoiro sobre repouso e sono

LugoXa | TerraChaXa
A actividade estará impartida por Olga Roca Bergantiños, unha enfermeira da Área sanitaria de Lugo
repouso-e-sono-curso-outeiro
18 Apr 2026

O Concello de Outeiro de Rei organiza para o venres 24 de abril, en colaboración coa Consellería de Sanidade, un obradoiro de Repouso e Sono, que terá lugar no salón de actos da casa da cultura, en horario de 17:00 a 19:00 horas.

Durante este obradoiro está previsto que se traten diferentes temas en relación cos ciclos do sono, factores que alteran o descanso, relación entre o sono e funcións vitais, mitos frecuentes e claves practicas para durmir sen necesidade de pastillas.

A actividade estará impartida por Olga Roca Bergantiños, unha enfermeira da Área sanitaria de Lugo.

Os interesados poden anotarse antes do 20 de abril na web da Escola Galega de Saúde para cidadáns, no mail prevenciondrogas@rabade.org indicando nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono e mail; chamando ao teléfono do departamento de prevención de condutas aditivas (982 873 882) ou ao teléfono do concello de Outeiro de Rei (982 393 281).

0.11545491218567