Outeiro de Rei celebra este venres a Festa dos Nenos

LugoXa | TerraChaXa
Como remate final, haberá a tradicional festa da escuma
festa-da-escuma-vilalba-festas-campamento
Festa da escuma
6 Xuño 2024

O Concello de Outeiro de Rei organiza para este venres día 7 de xuño a XXIV Festa dos Nenos, na que pequenos e rapaces poderán gozar de diferentes inchables, karts e tobogáns de forma gratuíta en horario de 16:30 horas ata as 19:00 horas. Tamén contarán con merenda.

Como remate final, haberá a tradicional festa da escuma, para a que se lembra a conveniencia de vir preparados para a molladura.

Se o tempo acompaña, terá lugar na Praza da Vila e en caso de choiva, trasladarase ao pavillón municipal e o pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz.

0.19610285758972