Outeiro de Rei celebra o próximo sábado a Festa da Xuventude

LugoXa | TerraChaXa
A gran verbena nocturna que contará coa recoñecida orquestra París de Noia, acompañada novamente por DJ Francis
festa-da-xuventude-outeiro-de-rei
2 May 2026

Outeiro de Rei prepárase para vivir unha xornada inesquecible o vindeiro sábado 9 de maio coa celebración da Festa da Xuventude, un evento que promete reunir a veciños e visitantes nun ambiente festivo, cargado de música, gastronomía e actividades para todas as idades.

A xornada arrincará ás 13:30 horas coa sesión vermú a cargo do dúo Dilema, para dar paso á comida campestre ás 15:15 horas na rúa Barrio Soborvila (rúa centro médico).

O menú estará composto por empanada, liscos, bonito, xamón cocido, churrasco con patatas e pementos, sobremesa, bebida e café. O menú contará cun prezo de 25 euros por persoa e 15 euros para nenos de 7 a 12 anos; os menores de 6 anos poderán gozar da comida de forma gratuíta. Os tíckets poderán recollerse no Bar O Pozo (Outeiro de Rei) ata o 6 de maio.

A tarde estará amenizada coas actuacións musicais de DJ Francis e Louband, quentando motores para a gran verbena nocturna que contará coa recoñecida orquestra París de Noia, acompañada novamente por DJ Francis. Ademais, a organización previu a instalación dunha carpa para garantir a diversión sen importar o tempo.

A Festa da Xuventude de Outeiro de Rei consolídase así como unha cita clave no calendario festivo da comarca, apostando pola música en directo, a gastronomía galega e o espírito de convivencia.

0.12570095062256