Outeiro de Rei celebrou a Festa dos Nenos cun gran éxito de público

O Concello de Outeiro de Rei celebrou o venres a XXVI Festa dos Nenos e das Nenas, unha das citas máis agardadas pola rapazada do concello.
A programación comezou ás 16:30 horas, momento no que os nenos e nenas puideron desfrutar de diferentes propostas de ocio, entre as que se incluíron inchables, karts e tobogáns, instalados para a ocasión e de acceso totalmente gratuíto.
Como peche da xornada festiva, ás 19:00 horas celebrouse a tradicional festa da escuma, unha actividade que cada ano reúne a numerosos participantes e que se converte nun dos momentos máis destacados do evento.
A celebración tivo lugar na Praza da Concello, grazas as boas condicións metereolóxicas.