Outeiro de Rei contará cunha xornada de xogos tradicionais

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei acolle o vindeiro 13 de marzo unha xornada de xogos tradicionais, unha actividade de conciliación.
xornada xogos tradicionais outeiro de rei portada
xornada xogos tradicionais outeiro de rei portada
8 mar 2023

O Concello de Outeiro de Rei acolle o vindeiro 13 de marzo unha xornada de xogos tradicionais, unha actividade de conciliación co fin de fomentar o coñecemento e goce do xogo tradicional na que os nenos e nenas poderán descubrir, xogar e experimentar con xogos como a rá, a chave, o alquerque, a ferradura, o zurriagazo ou a malla entre moitos outros.

Esta actividade terá lugar no pavillón municipal dos deportes de 16:00 a 18:00 horas. Está dirixida a nenos e nenas de 3 a 16 anos e a inscrición estará aberta ata cubrir as prazas dispoñibles.

A actividade é gratuíta; para asistir é preciso anotarse a través do código QR que aparece no cartel anunciador ou na páxina web corresponsables.usc.gal, onde tamén poderán obter máis información. O prazo de inscrición está aberto ata o propio 13 de marzo ás 15.00 horas.

xornada xogos tradicionais outeiro de rei