Outeiro de Rei convoca o primeiro concurso de decoración de Nadal

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei dentro das actividades de Nadal convoca o 1º Concurso de decoración de Nadal de Fachadas e Xardíns
nadal
nadal
2 Dec 2022

O Concello de Outeiro de Rei dentro das actividades de Nadal e co obxectivo de ambientar as rúas e pobos do municipio, convoca  o I Concurso de decoración de Nadal de Fachadas e Xardíns de Outeiro de Rei.

A temática a desenvolver na decoración será exclusivamente relativa ás Festas de Nadal e poderán participar no concurso todos os veciños e veciñas censados neste Concello. A decoración deberá estar instalada en en funcionamento antes do 20 de decembro.

A inscrición será gratuíta. Os participantes terán que enviar unha foto actual da decoración da fachada e/ou xardín ao correo electrónico xuventude@concellodeouteiroderei.org . A foto ten que ser actual, orixinal e inédita e non pode conter persoas.

Neste mesmo correo deben incluir o Anexo I cos datos persoais e de localización da vivenda que poden atopar na web do concello www.outeiroderei.gal onde tamén están colgadas as bases do concurso.

O prazo de envío rematará o día 20 de decembro de 2022.

Premiarase a decoración que proporcione un mellor ambiente festivo. Os premios serán tres diplomas e terán a conseguinte remumeración económica. O primeiro serán 150 euros, o segundo 100 e o terceiro 50.

O fallo do xurado farase público na páxina web do Concello, antes do 6 de xaneiro.

0.081824064254761