Outeiro de Rei instala calefacción en edificios municipais

TerraChaXa | LugoXa
Os sistemas de calefacción instalados no polideportivo e ximnasio e na nave de servizos contribúen á mellorar a eficiencia enerxética.
pavillon deportivo outeiro de rei
3 Xul 2021

Os novos sistemas de calefacción instalados no polideportivo e ximnasio e na nave de servizos municipais contribúen á mellorar a eficiencia enerxética e prestar un mellor servizo aos usuarios.

O Concello de Outeiro de Rei continúa coas obras para dotar de calefacción a varias instalacións municipais e mellorar así a súa eficiencia enerxética e a calidade dos servizos prestados aos usuarios.

A Xunta destinou a esta actuación máis de 36.400 euros ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público para a instalación dunha caldeira de gas no polideportivo municipal e no ximnasio da edificación anexa, xunto cunha bomba de calor para a produción de auga quente sanitaria nunha nave de servizos municipais, en concreto para a xestión do mantemento e de emerxencias. Esta nave na que se completará a instalación térmica tamén conta cunha aula para impartir cursos de formación para os traballadores do concello que realizan estas tarefas, que ademais teñen á súa disposición vestiarios e aseos.

Ambas instalacións permitirán mellorar a eficiencia enerxética e reducir o consumo eléctrico. Deste xeito, acadase un menor impacto ambiental ao minorar as emisións de dióxido de carbono á atmosfera, ao mesmo tempo que se consegue un importante aforro económico para o municipio.

Ademais, mediante o Fondo de Compensación Ambiental, Outeiro de Rei recibiu apoio da Xunta para outras melloras nesta nave para servizos municipais de protección ambiental, así como na colaboración dos gastos de funcionamento da Mancomunidade de concellos da Terrá Chá, á que pertence este municipio. En total, o investimento do Goberno no concello para levar a cabo melloras ambientais e nas infraestruturas municipais supera os 809.200 euros.

0.14135098457336