Outeiro de Rei lidera un programa de emprego de oito concellos para mulleres desempregadas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A agrupación de concellos de Friol, Rábade, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Abadín, Mondoñedo e Outeiro de Rei vén de poñer en marcha a segunda edición do programa integrado de emprego, que está dirixido a mulleres desempregadas.
Casa_do_Concello_de_Outeiro_de_Rei
30 Nov 2023

A agrupación de concellos de Friol, Rábade, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Abadín, Mondoñedo e Outeiro de Rei vén de poñer en marcha a segunda edición do programa integrado de emprego, que está dirixido a mulleres desempregadas. As mulleres interesadas deberán poñerse en contacto co concello de Outeiro de Rei.

O programa Integrado de Emprego do Concello de Outeiro de Rei 2022/2023 iniciouse en novembro de 2022 e rematou en novembro de 2023. Participaron un total de cen persoas de todos os concellos adscritos.

Un 53% dos participantes acadaron a oportunidade para incorporarse ao mercado laboral con diferentes tempos de duración nos contratos e conseguiuse o obxectivo da inserción laboral do 37%.

O proxecto ten un custe aproximado de 202.546 euros e os concellos financian o 11,41% do mesmo. Ao longo do mesmo impartíronse 825 horas dentro do catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal.

 

0.072804927825928